Páginas
Etiquetas
- Apalpador
- Arte
- Aviación
- Biografías
- Camelia
- Campañas
- Campolongo
- Celebracións
- CGENDL
- Chinés
- Cine
- Cogomelos
- Contos
- Curiosidades
- Curtametraxes
- Curtas
- Danzas
- Día da Paz
- E. Física
- Ensino
- Entrevistas
- Entroido
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Gramatica
- Historia
- Humor
- Igualdade
- Informática
- Inglés
- Lexislación
- Libros
- Lingua
- Medio
- Mitoloxía
- Moureira
- Música
- Novas
- Opinión
- Paradoxos
- Partituras
- Peliculas
- Persoeiros
- Plantas
- Poesía
- Política
- Pontevedra
- Refraneiro
- Revistas
- Saúde
- Teatro
- Unesco
- Verbas
- Vídeos
- Xadrez
- Xogos
- Xogos de sortes
- Xogos Lim
- Yogote
Mostrar mensagens com a etiqueta Persoeiros. Mostrar todas as mensagens

08/03/2014
RITA LEVI-MONTALCINI, NEURÓLOGA
Clica na imaxe para coñecer a esta gran muller a través dunha entrevista feita xa fai algúns anos.
Na wikipedia
31/12/2013
11/11/2013
Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González
Este ano 2013 celébrase o centenario do finamento de Alejandro Rodríguez-Sesmero González, o arquitecto que modernizou Pontevedra a finais do século XIX, durante os primeiros anos da Restauración.
De ahí que o Concello de Pontevedra, neste curso, e neste primeiro trimestre, desenrola o "Roteiro Sesmero", no cal imos participar o alumnado do terceiro ciclo os días luns 28 de outubro, 6ºA e 5ºA, o luns 4 de novembro, 6B e 6C, e o xoves 7 de novembro 5C e 5B. As tres saídas serán de 12:00 - 14:00 h.
Adiantamos aquí unha pequena biografía deste importante persoeiro da cidade de Pontevedra:
Foi o brazo executor dunha sociedade e clase política da época que sacrificou os restos das murallas medievais en aras de proxectar unha cidade cosmopolita, con arquitectura ecléctica e afrancesada do mesmo xeito que as grandes urbes europeas onde se sentaban as bases para que a capital non fóra nunca máis cuestionada.
A don Alejandro Sesmero debémoslle, de 1880, a antiga Avenida de Santa María , o Palacete de Mendoza (o da foto), a actual Casa Consistorial, a o deseño da Alameda (arriba na foto) e As Palmeiras, o Cemiterio Municipal de San Mauro, conxuntamente co seu pai o edificio da Deputación Provincial, a Praza de Abastos, a reforma da capela da Virxe do Camiño e a actual Subdelegación de Defensa.
O Concello fora construído sobre a Bastida Grande, unha das trorres da muralla, ó lado da "Porta da Vila", que tamén se chamou do Arrabal e de Santo Domingo. (ver mapa completo). Hoxe está porta é a entrada (porque foi trasladada) do que foi durante moito tempo Facenda, preto da igrexa de San Francisco.
A problemática dos cemiterios urbanos (Alhóndiga, Sagasta ...) solucionouno levando todos para San Mauro.

Tamén construíu os depósitos en San Mauro para a traída de augas na cidade, colocando así mesmo en varias rúas as soadas fontes de ferro fundido (a da foto). E prácticamente executou toda a expansión urbana de finais de século XIX deseñando e aliñando os viais cara a Ourense, Marín, Vigo e as rúas García Camba, Riestra, Sagasta, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Fernández Villaverde.
Alejandro Rodríguez-Sesmero González era fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero (Medina do Campo) do que tomou vocación e profesión. Pola súa participación conxunta en varios proxectos e utilización dunha arquitectura moi identificativa, a poboación comezou a referirse a eles como “Os Sesmeros”, devindo o seu uso popular en Sesmeros.
Seu pai, Domingo Sesmero chegou a Galicia escapando dun conflito pola validez do seu título de arquitecto expedido na Real Academia de Matemáticas e Nobres Artes da Purísima Concepción de Valladolid no que se argumentaba que non pasara pola recente Escola de Arquitectura creada en 1844. Aínda que ao final lle foi recoñecida a súa validez, o seu prestixio naquelas datas quedara en entre dito, polo que decidiu emigrar a Galicia, alcanzando o posto de arquitecto municipal na cidade de Vigo en 1871. Desempeño no que continuou ata 1886 en diferentes etapas debido a unha enfermidade e onde lle axuda o seu fillo Alejandro Sesmero. Trasládase a vivir á Coruña desde onde continua realizando proxectos nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra (a igrexa de San Andrés en Praceres), Cotobade, Caldas de Reis ou Tui.
O seu fillo Alejandro obtivo o título de arquitecto na Escola Especial de Arquitectura de Madrid, nun momento en que aparelladores e arquitectos dirimían sobre as competencias duns e outros e ao que –como se fora unha maldición familiar- sucedéralle algo similar ó seu pai, como se verá máis adiante.
Alejandro, ante a primeira ausencia do seu pai no seu posto de traballo debido á mencionada enfermidade, pasou a ocupar o posto de Arquitecto interino de Vigo desde maio de 1875 ata xullo de 1876, momento no que o arquitecto titular de Pontevedra, Justino Flórez LLamas pasa a ocupar definitivamente o de Vigo deixando vacante o seu equivalente en Pontevedra.
Como dun cambio de cromos se tratase Alejandro veu a Pontevedra tamén de interino e asinou durante once esplendorosos anos como Director Facultativo de Obras Municipais de Pontevedra, momento no cal unha parte da Corporación Municipal quere premialo co posto definitivo en agradecemento a tan bela reforma emprendida en todos e cada un dos seus proxectos. Pero unha parte da corporación mostra a súa oposición ao entender que está en posesión do título de Mestre de Obras e non de Arquitecto e que aínda que pode asinar para particulares, non así proxectos de obras oficiais, de uso público ou financiadas con fondos públicos, podendo aparecer, pola contra, como aparellador ou auxiliar dun arquitecto, salvo que non houbese arquitectos titulados en expectativa de ocupar a praza.
Para sorpresa de todos don Alejandro, ferido no seu orgullo, presenta a dimisión do seu cargo municipal á vez que solicita a legalización do seu título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública, conseguíndoo ao mes seguinte. Restituído o seu prestixio e honor e por causas que se descoñece, abandona a muller e fillos e emigra a Arxentina onde o Goberno o nomea profesor na cátedra "Arquitectura e Debuxo Arquitectónico" da Facultade de Ciencias Físico-Matemática da Universidade Nacional de Córdoba, compaxinando a súa actividade docente coa realización de importantes obras. Falece o 22 de Outubro de 1913 na cidade de Córdoba.
Oficialmente a Alameda leva o nome de Arquitecto Sesmero. Logo tamén, na súa homenaxe , ten nome de rúa Alejandro Sesmero, a que se extende dende a Avenida da Coruña ata a Santiña, e discurre paralela a Manuel Murguía (preto de Pasarón). No plano estaría en D2
Información sacada basicamente de Cesar Abal, do blogue Pontevedra Viva. e de Pepi González Clavijo de "Las calles de Pontevedra".
Artigo relacionado:
Cambios importantes en Pontevedra de 1870 - 1900

31/10/2013
Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González
Do 28 de outubro ata o 8 de novembro estará este mural coa vida e obra en Pontevedra do arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González, impulsor do modernismo en Pontevedra despois do derribo da muralla que rodeaba a cidade.
O seu bisneto Francisco José Portela Sandoval escribiu un artigo para aclarar algunhas cousas sobre a vida do seu bisavó e a súas obras. Unha dela foi, por exemplo, a dos erros nos apelidos.
06/09/2013
"Villa Pilar" en Pontevedra, saga dos Martínez Bautista
Palacete construído en Pontevedra (rúa Riestra), rematado en 1905. Construído por Manuel Martínez Bautista. Crese que o autor do proxecto foi feito por Antonio Crespo, porque se conservan dous anteproxectos de 1889, de similar planta e altura, pero con diferente diseño ó finalmente executado. A construción de estilo modernista, con tres pisos de altura e un corpo único. O máis destacable da Casa, arquitectonicamente falando, é a irregularidade da súa planta e fachada, esaxerada no remate desta. A casa áchase rodeada dunha pequena finca.
De Manuel Martínez Bautista o edificio pasou por herdanza a seu sobriño Ramiro Trapote Martínez, inxenieiro residente en New York, que de vacacións en xullo do ano 1936, este último tivo que recurrir ó consulado para poder volver a EEUU.
Nun dos pisos vive actualmente a señora María Meijón. No segundo piso, estivo o colexio de arquitectos de Pontevedra, pero en 2011 púxose en venta. (600.000 euros).
Pola casa desfilaron como inquilinos unha serie de persoeiros e entidades, como Vicente Riestra, Ernesto Caballero, unha notaría ...
Historia: Manuel Martínez Bautista era o segundo irmán de nove que tivo o matrimonio formado por Rosendo Matínez Pazos, natural de Tenorio, e Juana Bautista Lubiáns, da vila de Pontevedra.
Manuel emigrou a américa (La Habana) con 17 anos e cunha carta de recomendación para don Pedro Fernández Villaverde, que desempeñaba este un alto cargo na administración na illa cubana.
Montou de alí a pouco un almacén de louza, "La joven América". Tras del emigraron tamén os seu irmáns Bernardo e Gabriel á illa cubana e o Juan a New York, dedicándose este último á bolsa, probablemente coa a axuda financiera do seu irmá Manuel. Coa bolsa e outras empresas Juan, deixou no seu testamento unha fortuna de máis de 100.000 dólares en accións. Nomea de albacea a seu irmán Manuel, que con este motivo trasládase a EEUU e continúa cos seus negocios, co encargo de pasar unha pensión de mil pesos mensuais ó seu sobriño Ricardo Pazos e o resto da renda do seu capital ós seus pais e irmáns.
A contrución fíxoa Manuel nun deses viaxes de veraneo que facía á súa querida terra galega, mercando o solar e mandando facer o palacete, ó mesmo tempo que fixo numerosas donacións para obras sociais: teatro, liceo, grupo escoalar, mausoleo de Armesto, Monte de Piedad ....)
Morreu solteiro e foi enterrado no cemiterio de Greenwood.
Gabriel, deixaba en 1880 unha fortuna de 30.000 pesos cubanos, e no seu testamento deixou un tercio para catro expósitos da casa de maternidade, e o resto para ós seus pais, sendo a albacea o seu irmán Bernardo.
Bernardo foi o único dos emigrados da familia que casou, deixando descendencia e volvendo a Pontevedra, onde morreu en 1904. Entre as súas obras sociais destacamos a "Sala de San Bernardo" no Hospital Provincial e logo contruéu unha fermosa vivenda na rúa San Xosé, en cuxos baixos está o actual Café Moderno. O seu fillo Manuel Martínez Bautista-Herrera foi un grande mecenas do Atletic Clube Pontevedra.
Comentar finalmente que o primeiro Manuel Martinez Bautista foi republicano e mandaba puntualmente as revistas de ciencias, artes e literatura editadas en New York.

05/08/2013
Francisco Zagala e a censura no Diario de Pontevedra
Fai xa algúns anos instalouse en Pontevedra Francisco Zagala, o 1º fotógrafo da cidade, nado en Verín ? Madrid ? , veciño de Verín . Este grande fotógrafo, curiosamente, por ser simpatizante da República tivo algúnhas anécdotas, unha das últimas, perdida xa a vida, foi a que un dos periódicos da cidade "·El Diario de Pontevedra" non deixou que se puxera a esquela da súa morte nas súas páxinas. Manda truco!!
Curiosamente hoxe en día sabemos que grazas as fotografías de Zagala temos a obra fotográfica de maior calidade e amplitude do século XIX en Galicia, conservada milagrosamente durante décadas.
Nesta da imaxe (en 1840 na Ferraría de Pontevedra), vemos xomo xa é capaz de paralizar na imaxe o movimento, aproveitando por suposto o emblemático lugar como fondo.
Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.
Ver fotos de Pontevedra antiga.
29/07/2013
20/07/2013
Pontevedra Boa Vila - Agustín Portela Paz
O debuxante e aparellador Agustin Portela Paz (Pontevedra), estudara o ensino medio na súa cidade, e ensináralle debuxo Castelao. Máis tarde, mudouse para Madrid e estudou na escola de enxeñeiros industriais, topografía e Belas Artes. Naqueles anos, el tamén se converteu en promotor e fundador da Liga de Dereitos Humanos, en España. De volta a Pontevedra, traballou como aparellador na no concello, e por 22 anos presidiu o Colexio de Aparelladores. Deixa unha obra ampla e interesante como debuxante e “augafortista”. El ilustrou libros de autores como Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro, colaborou en numerosas revistas e xornais e publicou, entre outras obras, "Pontevedra, Boa Vila", 1947 (ver comentarios do seu sobriño), unha colección de debuxos con notas de escritores como Pedrallo Otero, Vicente Risco e Fermín Bouza Brey .
Durante o réxime de Franco sufriu varias procesos por mor da súa ideoloxía liberal, a súa fidelidade á República e o seu compromiso coa cultura galega.
12/03/2013
22/01/2013
San Sebastián
De Manuel Lourenzo González
"Moitas vilas e cidades procuraron no seu día coa construción de murallas e foxos a protección contra os inimigos externos. Mais había inimigos contra os que estes recursos non resultaban efectivos, por exemplo os andazos infecciosos, en particular a peste. Daquela, converteuse nunha práctica recorrente solicitar a protección dos santos da Igrexa. Un dos de máis éxito, a xulgar polo número de urbes que se lle encomendaron, foi San Sebastián. Refiren os haxiógrafos que este foi un soldado do exército romano que ascendía rapidamente na escala militar, ata que se soubo que practicaba a relixión cristiá e reprobaba publicamente o culto aos deuses do imperio. Insubmiso á súa maneira, tanto porfiou no seu empeño que foi conducido ao estadio para recibir unha chuvia de frechas e, posteriormente, aínda foi azoutado ata o derradeiro suspiro. Semellante agonía martirial valeulle un posto no selecto círculo dos santos do cristianismo e outro, xa que logo, no mundo da arte. Axiña San Sebastián foi aclamado ministro contra os inimigos da relixión, responsabilidade que se explica pola súa biografía, e avegoso contra a peste, probabelmente por unha asociación antiga entre as frechas e as enfermidades infecciosas. Non era este un asunto menor, se lembramos que o andazo sumou arredor de douscentos millóns de mortos en diversas épocas, influíndo ademais de maneira ominosa en cambios de ciclo tan importantes no devir da humanidade como a caída do imperio romano ou a liquidación do feudalismo; outras incidencias asociadas foron o asentamento da dúbida sobre a bondade inmanente de Deus, o comezo da medicina racionalista e un medo cerval ás ratas que aínda dura. A peste tamén trouxo o costume de agasallar os seres queridos con diamantes e outras pedras preciosas; ao constatar que as persoas que portaban xoias morrían en menor cantidade ca as que non as portaban, o cidadán daquel tempo, adoutrinado na superstición, atopaba máis lóxico crer no poder protector das pedras ca nas condicións de hixiene e salubridade nas que vivían as persoas capaces de pagalas. Hai que salientar que a atribución a San Sebastián da defensa contra a peste o equipara ao propio Apolo, que tiña entre as súas funcións divinas a medicina e a sanidade públicas. Capricho do destino, o santo asume así o rol dun deus pagán dos que combatera en vida e que lle valera escarnio público e doloroso martirio. E non é a súa única relación con este destacado membro do olimpo politeísta: a maiores, e achegándonos á época actual, aínda lle cadrou ao mártir aseteado a responsabilidade de ser considerado patrón de gais e lesbianas; tal honra devén da súa representación iconográfica, que plasma a alegoría do sufrimento deste colectivo, historicamente incomprendido e aldraxado, na beleza luminosa dun efebo espido, cunha enorme proximidade estética ao fermoso Apolo. Curiosamente, Pontevedra é a única vila de certa entidade en Galicia que alá polo século XVI se adscribiu á veneración do santo, elevándoo á condición de patrón que hoxe comparte coa popularmente coñecida como Virxe do O. Segundo certa tradición, o nomeamento sucedeu á destitución fulminante do anterior ministro contra os andazos, San Roque, cuxa capela fora situada estratexicamente fronte aos peiraos por onde se temía a chegada do mal. Aínda que non se coñecen documentos que o avalen, dise que, nos días tráxicos, o santo do can e a perna laceirada fallou no seu cometido protector, e o pobo substituíuno por quen ofrecía máis garantías. Se o mártir Sebastián accedeu ao padroado de Pontevedra daquela maneira, hai que dicir que tamén el estivo nun tris de ser substituído no seu día por outro titular, feito do que, curiosamente, tampouco se garda constancia escrita. Ocorreu a finais de xullo de 1873, nos tempos convulsos da Primeira República española. Dentro da voráxine cantonalista desatada en Cartaxena, no Concello de Pontevedra abriuse un debate para estudar a idoneidade de declarar cantón independente todo o espazo entre os ríos Verdugo e Ulla, con dereito a Constitución propia, bandeira, himno, exército e cuño de moeda. Presidía a Corporación o alcalde Floreano Lustres, seguidor do republicanismo federal do primeiro Pi i Margall. Un dos motivos da iniciativa era poñer a salvo a capitalidade de Pontevedra antes de que Vigo, que non deixaba de cuestionala, enfilase tamén o rumbo autonomista e declarase a guerra á cidade do Lérez, como xa ocorrera antano. Levouse a moción ao resto dos concellos implicados, mais estes non secundaron o entusiasmo dos promotores, habida conta da represión exercida polo exército noutras cidades. Ademais, a proposta valeulle ao alcalde un enfrontamento co sector dos rexionalistas, que demandaba a unidade de acción radical de toda Galicia contra o centralismo. Nas breves semanas que exerceu como primeiro edil, Floreano Lustres, desexoso de darlle relevo a Pontevedra no novo mundo que se abría ao paso da revolución industrial, acometeu un plan para a modernización da vida civil que tamén trouxo polémica. Unha das iniciativas máis senlleiras foi precisamente a substitución de San Sebastián como protector da vila por outro persoeiro máis próximo á realidade dos novos tempos. Formado no progresismo laico, o alcalde rexeitaba a validez dun heroe relixioso que facía apoloxía do sacrificio dócil cando o que conviña era a loita coraxenta contra a tiranía a prol da xustiza social. Daquela, propoñía que a súa fornela fose ocupada por un obreiro ou un artesán, e suxeriu un nome que consideraba verdadeiramente acaído: Xervasio Outón Graña. Era este un veciño de Salcedo que emigrara a Cuba de mozo e fora expulsado pola súa actividade antiescravista; á volta traballou na fábrica de téxtiles La Zamorana, con obradoiro na Poza das Rans, sendo despedido ao pouco pola súa combatividade na reclamación da xornada de oito horas; tras unha restra de incidentes semellantes nas variadas ocupacións que lle seguiron, o salcedense aínda capitaneou un grupo de foreiros na ocupación simbólica dunha propiedade fidalga, polo cal foi detido baixo a acusación de bandoleirismo. Cando era trasladado ao cárcere do Campo de San Xosé, intentou fuxir, e foi abatido pola Garda Civil a tiros de carabina. Á vista da súa vida exemplar, o alcalde propoñía elevalo aos altares co título de San Xervasio Outón Graña, mártir civil e progresista. Non levaría auréola de iluminado, vestiría a característica roupa negra dos proletarios e representaríase arrimado a un farol co peito aberto polos disparos da represión. Non defendería da peste, pois xa se dexergaba que o mellor parapeto contra os andazos eran a hixiene e a medicina, senón contra a inxustiza e a opresión dos amos. O argumentario convenceu decontado os seus acólitos e deixou sen reacción os contrarios, polo que, tras votación, foi recollida en actas a apertura do proceso para a que sería a primeira canonización laica do Estado. Ao pouco, os representantes do rexionalismo anunciaron que ían propoñer pola súa parte outro mártir que personificase a loita contra o centralismo, o caciquismo e as supersticións, que consideraban as verdadeiras pragas modernas. Non tardaron os demócratas en contestar cunha candidatura propia, e o mesmo fixeron liberais, unionistas, socialistas, radicais, incluso os constitucionalistas moderados. Algunha muller alzou a voz para reclamar que a santidade se repartise por igual entre homes e mulleres. E non faltaron os anarquistas, que prometeron beatificar todo aquel que loitase contra calquera signo de poder. O punto álxido do proceso alcanzouse cando o equipo de Lustres, totalmente enfrascado na secularización da cidade, anunciou que presentaría ao Pleno un proxecto para asumir a xestión dos templos, a fin de dedicalos ao servizo público. Mais xusto a noite anterior aconteceu algo pasmoso: apagáronse á vez todos os farois de gas do centro da cidade mentres as Torres Arcebispais, en proceso de derrubamento, se iluminaban con brillos escintilantes. O pobo, que seguía con estupefacción o sinuoso discorrer da política, preferiu ver nisto un sinal do ceo en vez dunha renartería curil, o que causou a fin do mandado de Floreano Lustres. Os seguintes alcaldes ignoraron por completo as súas reformas, en particular a destitución de San Sebastián, e incluso propiciaron o esquecemento do seu goberno e do seu nome. O traslado do mobiliario e arquivos do vello edificio ao novo palacio municipal, que o arquitecto Sesmeros rematou en 1880, serviría para completar a ocultación co oportuno extravío das actas que gardaban testemuña do que fora, en palabras de Indalecio Armesto na prensa da época, "un debate tan enxundioso como irrelevante". Hoxe en día, o apolíneo San Sebastián mantense na súa fornela patronal, recibe o voto perpetuo, conta con rúa de seu, segue inspirando artistas e tutela a entrega dos valorados premios Cidade de Pontevedra."

19/01/2013
Irena Sendler
"A razón pola cal rescatei os meniños ten orixe no meu lar, na miña
infancia. Fun educada na crenza de que unha persoa necesitada debe ser
axudada co corazón, sen importar a súa relixión ou nacionalidade". - Irena Sendler
Cando a Alemaña Nazi invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de ben estar social de Varsovia, que organizaba os espazos de comedor comunitarios da cidade. Ali traballou incansabelmente para aliviar o sufrimento de millares de persoas, tanto xudias como católicas. Grazas a ela, eses locais non só proporcionabam comida para orfos, anciáns e pobres, pois tamén entregábanlles roupa, medicamentos e diñeiro.
En 1942, os nazis crearon un gueto en Varsovia, e Irena, horrorizada polas condicións en que ali se sobrevivia, uniuse ao Consello para a Axuda aos Xudeus, Zegota. Ela mesma contou:
Conseguín, para min e a miña compañeira Irena Schultz, identificacións do gabinete sanitario, entre cuxas tarefas estaba a loita contra as doenzas contaxiosas. Mais tarde tiven éxito ao conseguir pases para outras colaboradoras. Como os alemáns invasores tiñan medo de que ocorrese unha epidemia de tifo, permitian que os polacos controlasen o recinto.
Cando Irena camiñaba polas ruas do gueto, levaba un brazalete coa estrela de David, como sinal de solidariedade e para non chamar a atención sobre si propia. Púxose rapidamente en contacto coas familias e propúxolles levar os seus fillos para fora do gueto, mais non lles podia dar garantias de éxito. Eran momentos extremamente difíciles, cando debia convencer os pais para que lle entregasem os seus fillos e eles preguntaban:
"Podes prometerme que o meu fillo vivirá?". Dixo Irena, "Que podia prometer, cando nin sequera sabia se conseguirían saír do gueto?" A única certeza era a de que os nenos morrerían se permanecesem alí. Muitas mais e avós eran reticentes na entrega dos meniños, algo absolutamente comprensíbel, mais que viría a se tornar fatal para elas. Algunhas veces, cando Irena ou as suas compañeiras volvían a visitar as familias para tentar face-las mudar de opinión, verificaban que todos xa foran levados para os campos da morte.
Ao longo de un ano e medio, até a evacuación do gueto no verán de 1942, conseguiu rescatar mais de 2.500 meniños por varias vías: comezou a recollelos em ambulancias como vítimas de tifo, mais usaba calquera idea que servise para os esconder: sacos, cestos de lixo, caixas de ferramentas, cargamentos de mercadorias, sacas de patacas, caixóns... nas suas mans calquera elemento transformábase nunha vía de fuga.
Irena vivía os tempos da guerra pensando nos tempos de paz e por iso non fica satisfeita só por manter con vida as meniñas e os meniños. Quería que un día puidesen recuperar os seus verdadeiros nomes, a súa identidade, as suas historias persoais e as súas familias. Concebiu entón un arquivo no cal rexistraba os nomes e datos dos pícaros e as suas novas identidades.
Os nazis souberon desas actividades e o 20 de outubro de 1943 Irena Sendler foi presa pola Gestapo e levada para a infame prisión de Pawiak onde foi brutalmente torturada. Nun colchón de palla encontrou unha pequena estampa de Xesus Misericordioso coa inscrición: “Xesus, en Vós confio”, e conservouna consigo até 1979, cando a ofereceu ao Papa Xoán Paulo II.
Ela, a única que sabia os nomes e moradas das familias que albergabam meniños xudeus, soportou a tortura e negouse a traer os seus colaboradores ou as meniñas e os meniños ocultos. Quebráronlle os ósos dos pés e das pernas, mais non conseguiron quebrar a súa determinación. Foi condenada á morte. En canto esperaba pola execución, un soldado alemán levouna para un "interrogatorio adicional". Ao saír, berroulle en polaco "Corra!". No día seguinte Irena encontrou o seu nome na lista de polacos executados. Os membros da Żegota conseguiron deter a execución de Irena subornando os alemáns, e Irena continuou a traballar cunha identidade falsa.
En 1944, durante o Levantamento de Varsovia, colocou as súas listas en dous frascos de vidro e enterrounos no xardín dunha veciña para se asegurar de que chegarían ás mans indicadas se ela morrese. Ao acabar a guerra, Irena desenterrounos e entregoulle as notas ao doutor Adolfo Berman, o primeiro presidente do comité de salvación dos xudeus sobreviventes. Lamentabelmente, a maior parte das familias dos meniños fora asasinada nos campos de exterminio nazis.
De inicio, as meniñas e os meniños que non tiñan familia adoptiva foron coidados en diferentes orfanatos e, pouco a pouco, foron enviados para a Palestina.
Os meniños só coñecían a Irena polo seu nome de código "Xolanta". Mais anos despois, cando a súa fotografia saíu nun xornal despois de ser premiada polas súas accións humanitarias durante a guerra, un home chamouna por teléfono e díxolle: "Lémbrome da súa cara. Foi a señora que me sacou do gueto." E asi comezou a recibir moitas chamadas e recoñecementos públicos.
En 1965, a organización Yad Vashem de Xerusalén outorgoulle o título de "Xusta entre as Nacións" e nomeouna cidadá honoraria de Israel.
En novembro de 2003 o presidente da República Aleksander Kwaśniewski concedeulle a máis alta distinción civil da Polonia: a Orde da Aguia Branca. Irena foi acompañada polos seus familiares e por Elżbieta Ficowska, unha das nenas que salvou, que recordaba como "a meniña da culler de prata".
"Desexamos que os froitos que dean estas maceiras sexan o símbolo da amizade entre Polonia e Alemania", explicou Renata Mock, directora do centro educativo alemán "Irena Sendler" (nome posto para homenaxeala de por vida)
Irene Sendler foi nomeada para o Premio Nobel da Paz, proposta polo presidente de Polonia, Lech Kaczynski, e pola Organización de Supervivientes do Holocausto, pero ese ano ... déronllelo a Obama e a Al Gore .... Pero a historia desta muller quedará sempre no recordo de todos como unha muller que foi brutalmente torturada e que arriscou a súa vida para salvar a de moitos outros.

28/12/2012
15/10/2012
Historia de Sadako Sasaki
Subscrever:
Mensagens (Atom)