15/10/2012

Historia de Sadako Sasaki

O 25 de outubro cumple o aniversario da morte de Sadako Sasaki. Unha nena de dous anos afectada pola Bomba de Hirosima. Ela como vivía dous kilómetros máis alá da zona cero (onde caeu a bomba) logrou sobrivir uns anos máis. Con 12 morreu por unha leucemia provocada pola radiación da Enola Gay. Pero antes de morrer, o 3 de agosto de 1955 a súa mellor amiga, Chizuko Hamamoto, foina ver ao hospital, durante a visita fixo un grou (grulla) de papel, en referencia á lenda tradicional xaponesa que promete a calquera que realice mil grous de papel pedir un desexo aos deuses, esta é a versión que conta Eleanor Coerr no libro Sadako and the Thousand Paper Cranes (1977) que tamén nos di que só puido completar 644 grous e foron os seus amigos os que fixeron os 356 restantes, malia todo nunha exhibición organizada no ano 2001 no Museo Memorial da Paz de Hiroshima contábase que no remate do mes de agosto xa conseguira o seu obxectivo continuando a facer máis grous con papel que conseguía no hospital, ben de receitas de menciñas ou que lle prestaban outros doentes. Logo da súa morte, os seus amigos e compañeiros de escola publicaron unha colección de cartas para recadar cartos para lle construír un memorial para honrar a súa memoria e a de todos os nenos que morreran polos efectos da bomba atómica. En 1958 inaugurouse unha estatua de Sadako sostendo un grou de papel no Parque da Paz de Hiroxima. No pé da estatua lese: "Este é o noso berro. Esta é a nosa pregaria. Paz no mundo." Os grous de papel convertéronse nun símbolo da paz e no Xapón é habitual que os estudantes de primaria realicen 1000 grous de papel que envían aos nenos da bomba atómica en Hiroxima .  

Sem comentários:

Enviar um comentário