17/12/2012

O custo dun menú no Congreso dos Diputados

Fai uns días, o xornalista de ABC Punto Radio, Melchor Miralles, nunha entrevista telefónica ao presidente da Patronal Madrileña, Arturo Fernández, que á súa vez é o concesionario dos servizos de restaurante do Senado, o Congreso dos Deputados e da Asemblea de Madrid, preguntáballe como é posible poder dar menús ás súas señorías pola ridícula cantidade de 3,55. O señor Fernández comezou por negar a maior, dicindo que non era certo, que esa cantidade non era correcta, e que como calquera podía comprender, era imposible poder servir un menú por ese prezo, cos gastos que iso leva de persoal, etc., e poder obter uns beneficios como calquera outra empresa ou negocio. O que non sabía este señor é que o xornalista tiña na man un recibo no que figuraba dito importe, cousa que corroboraron o resto dos tertulianos que o acompañaban. A resposta do Sr. Fernández foi ceder, pero só a medias, dicindo. "Pode ser ese o prezo, pero só dun prato, ou medio menú. O menú completo custa máis, como o dun restaurante normal e corrente" De novo o xornalista volveu a insistir: "No recibo que eu teño pon: Dous pratos, sobremesa, bebida e café" Ante esta aseveración, o presidente da patronal, sen querer dar o seu brazo a torcer, respondeu que non estaba ao corrente do prezo, que a pesar de ser el mesmo o concesionario, non coñecía o importe dos menús que se servían ás súas señorías nos restaurantes destas tres institucións. Ante a perplexidade dos xornalistas por esta resposta, veu dicir que "Doutro xeito, o seu negocio sería unha ruína, e por iso, eses servizos debían de estar subvencionados con fondos públicos. Decatámonos, pois, que as súas señorías, a pesar de cobrar suculentas dietas, que xustifican en ter que vivir nunha cidade que non é a súa de residencia habitual, só pagan polas súas comidas unha terceira parte do que custa o menú máis barato a calquera outro traballador que ten que manterse do seu peto. Decatámonos tamén de que lle custa menos a comida a un senador ou deputado do que paga calquera escolar en Madrid por levar a súa comida de casa nunha friameira, que paga 3,80 € polo uso do comedor e do forno microondas que lla quenta. Decatámonos, de paso, que a costa do diñeiro de todos, cando unha empresa é ruinosa, que vendendo a prezos por baixo do custo poderíase ir a pique, é rescatada cos diñeiros de todos, incluídos dos que están no paro, dos que non chegan a fin de mes, dos que teñen que facer enxeñería financeira para repartir o soldo de miseria que cobran ao chegar o primeiro de cada mes. Xa coñecemos o motivo de por que o anterior Presidente do goberno, Sr. Zapatero, cando lle preguntaron en TV o prezo dun café nun bar calquera, non soubese o importe. Se temos en conta que dous pratos, sobremesa, bebida e café valen 3,55 € o café só debe andar bastante por baixo dos 80 céntimos que este señor asegurou que custaba. Xa abonda de caste de privilexiados que só coñecen a crise polo que oíron falar dela. Xa abonda de vividores do conto que se reservan para eles uns dereitos que están quitando ao pobo. Xa abonda de xentes sen escrúpulos, sen cultura moitos deles e sen vergoña todos, que están vivindo á conta de roubar e quitar dereitos aos demais.

Sem comentários:

Enviar um comentário