Sucedeu fai tempo, fai moito tempo. Aínda nin o home nin a muller poboaban a Terra. Sobre ela só vivían os sentimentos, os valores, os positivos e os negativos, pois calquera deles danlle cor ao noso mundo. Así o amor, a liberdade, a avaricia, o medo... coexistían nunha estraña harmonía que hoxe en día non a entendemos.
Os poboadores da Terra xogaban entre eles, a distintos xogos. Un dos que máis lles gustaba era o das agachadas. Un fermoso día decidiron xogar a este sinxelo entretemento. Así que logo dunha breve discusión decidiron que debía pandar o Medo.
Os demais sentimentos correron a esconderse mentres o Medo contaba:
_ Un, dous tres....
Cada un deles buscou un sitio onde o Medo non os puidese atopar.
_ Vinte e cinco, vinte e seis....
Tan só a liberdade estaba xa sen esconder, e o tempo terminábase. Así que, vendo unhas silveiras, decidiu esconderse entre eles.
_ Corenta e nove, e cincuenta. Xa está. ? gritou o Medo.
O Medo foi atopando ao resto dos sentimentos.
_ A avaricia está detrás da árbore, o amor está na cova...
E así ata que descubriu a todos.... A todos menos á liberdade que se atopaba entre as silvas. Todos os sentimentos puxéronse a buscala, pero non daban con ela.
Cando xa o atardecer caía, o Medo deuse conta de que nas silveiras algo se movía e collendo un pau, achegouse alí. Meteu o pau entre as ramas para ver se, efectivamente alí estaba a liberdade. Nese momento oíuse un berro desgarrado. E a Liberdade saíu do seu agocho coas mans sobre os ollos. O Medo no seu intento de descubrila deixouna cega. Todos quedaron consternados pola situación que a liberdade estaba vivindo. Tan só o amor tivo os arrestos para dar un paso adiante e dicirlle:
- Non te preocupes, Eu serei o teu compañeiro sempre, e guiareite alá onde vaias.
E desde entón dise que a liberdade é cega e que é o amor quen a guía
Páginas
Etiquetas
- Apalpador
- Arte
- Aviación
- Biografías
- CGENDL
- Camelia
- Campañas
- Campolongo
- Celebracións
- Chinés
- Cine
- Cogomelos
- Contos
- Curiosidades
- Curtametraxes
- Curtas
- Danzas
- Día da Paz
- E. Física
- Ensino
- Entrevistas
- Entroido
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Gramatica
- Historia
- Humor
- Igualdade
- Informática
- Inglés
- Lexislación
- Libros
- Lingua
- Medio
- Mitoloxía
- Moureira
- Música
- Novas
- Opinión
- Paradoxos
- Partituras
- Peliculas
- Persoeiros
- Plantas
- Poesía
- Política
- Pontevedra
- Refraneiro
- Revistas
- Saúde
- Teatro
- Unesco
- Verbas
- Vídeos
- Xadrez
- Xogos
- Xogos Lim
- Xogos de sortes
- Yogote
Sem comentários:
Enviar um comentário