19/10/2014

Nicholas Winton e os 669 nenos que salvou do holocausto

 É o home que salvou 669 nenos xudeus da morte ás mans da Alemaña nazi xusto antes do inicio da Segunda Guerra Mundial en 1939.
Fillo de inmigrantes alemáns de orixe xudía, a súa infancia e adolescencia transcorreron de xeito apracible e tranquilo, tal e como correspondía a un mozo inglés de familia acomodada de principios de século.
En 1931, unha vez finalizados os seus estudos, entrou a traballar como axente de bolsa na súa cidade natal, así ata moi próxima Segunda Guerra Mundial. En decembro de 1938 tiña previsto pasar uns días de vacacións esquiando en Suíza cando recibiu unha chamada telefónica do seu amigo Martin Blake na que este lle pediu que cancelase todos os plans que tivera para eses días e se dirixise a Praga. "Teño unha proposta moi interesante para ti. Non te molestes en traer os teus esquís", díxolle Blake. Ao chegar a Praga, Blake preguntoulle se quería botarlle unha man e traballar temporalmente nos campos de refuxiados da zona, onde miles de seres humanos, moitos dos cales eran nenos de orixe hebrea, malvivían en condicións infrahumanas. A visión do drama marcouno profundamente e decidiu montar unha oficina improvisada no cuarto do hotel no que se hospedaba e comezou a elaborar un plan para sacar do país tantos nenos xudeus como fose posible para levalos a outros Estados e salvar as súas vidas.



En pouco tempo, a comunidade hebrea da capital checa fíxose eco da presenza de Winton na cidade e do motivo que lle impulsaba a seguir alí. De aí que centenares de familias acudisen a visitalo para tratar de persuadilo de que incluíse os seus fillos na lista dos nenos que ía intentar salvar. O alude de solicitudes provocou que se vise obrigado a abrir unha nova oficina na rúa Vorsilska para poder atender a tanta xente como fose posible. O seu amigo Trevor Chadwick ocupouse persoalmente dese despacho. En poucos días centenares de familias acudiran a solicitarlle axuda para salvar os seus fillos.

Consciente da magnitude do problema que tiña ante si, contactou cos embaixadores das nacións que consideraba que poderían facerse cargo dos nenos, pero só o goberno sueco accedeu a ocuparse dun grupo de nenos. Pola súa banda, Gran Bretaña prometeu aceptar os que foran menores de 18 anos pero só se antes encontraba familias dispostas a acollelos e que ademais deberían comprometerse a aboar por anticipado un depósito de 50 libras por cada neno para pagar a súa futura volta á casa.


Finalmente Winton tivo que volver a Londres para reincorporarse ao seu posto de traballo. O seu regreso non lle impediu seguir apuntalando o seu plan de rescate, así creou unha organización á que bautizou co nome de "O Comité Británico para os Refuxiados de Checoslovaquia, Sección para Nenos", que nun principio só contaba con el mesmo, a súa nai, a súa secretaria e uns cantos voluntarios.

Unha vez creado o Comité, Winton tivo que facer fronte a un gran problema: conseguir o financiamento necesario para pagar os custos da viaxe en tren dos nenos dende Checoslovaquia ata o país de acollida e encontrar persoas que aceptasen facerse cargo destes rapaces e pagar as 50 libras que reclamaba o goberno. Winton comezou a publicar anuncios nos diarios británicos, nas igrexas e nas sinagogas solicitando axuda. A resposta dos londinienses foi entusiasta. Nunhas semanas, centenares de familias aceptaron acoller os nenos e achegaron o diñeiro necesario como para iniciar os transportes dende Checoslovaquia ata a capital inglesa.
O primeiro deles efectuouse o 14 de marzo de 1939 en avión. Nos seguintes meses organizáronse outros sete transportes, todos por tren. O último tivo lugar o 2 de agosto. Os ferrocarrís tiñan como destino a estación de Liverpool Street, en Londres, onde esperaban as familias de acollida.
Sorprendida pola historia que lle acababa de explicar o seu marido, Greta púxose en contacto con Elisabeth Maxwell, unha historiadora especializada no Holocausto nazi e muller do magnate da comunicación Robert Maxwell, propietario de xornais como o Daily Mirror e o Sunday Mirror.

Maxwell, cuxas raíces eran checas, quedou tan impresionado pola xesta de Winton que decidiu publicar a historia nos seus diarios. Pouco despois, a BBC fíxose eco dos sucesos que acaeceran medio século antes e os acontecementos precipitáronse. Nuns días pasou de ser un personaxe anónimo a converterse nun heroe nacional, tanto no seu país coma na antiga Checoslovaquia. Así, en 1993 a Raíña Isabel II nomeoulle Membro do Imperio Británico; anos máis tarde, o 31 de decembro do 2002, condecorouno co título de Cabaleiro polos seus servizos á Humanidade; tamén ostenta o título de Liberado da Cidade de Praga e a Orde de T. G. Marsaryk, que recibiu de mans de Vaclav Havel o 28 de outubro de 1998; o 9 de outubro de 2007 recibiu a máxima condecoración militar checa, La Cruz da 1ª Clase, nunha cerimonia na que o embaixador checo mostrou o seu apoio público a unha iniciativa impulsada por estudantes do país, que contaba xa con máis de 32.000 firmas e na que se solicitaba que lle outorgasen o Premio Nóbel de la Paz.

A historia de Nicholas Winton serviu de inspiración para a realización de dous filmes: All my loved ones, dirixida polo realizador checo Matej Miná, e Nicholas Winton: The Power of Good, un documental que gañou un Emmy en 2002.

Ver vídeo dunha homenaxe

Sem comentários:

Enviar um comentário