17/10/2014

As ratas

Na Galiza, ise vello pobo
carballo carcomido de raios e
bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.

Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de Iabel.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.


AS RATAS. Luís Seoane

Este poema collino dun compañeiro que o puxo o día que a Xunta valorou positivamente os datos dun aumento do bilingüísmo  (dun falso bilingüismo) cando  a realidade era que o galego perdía 13 puntos de galego-falantes e que  o galego deixaba de ser a lingua habitual da maioría da poboación.
Unha realidade que xa leva anos denunciándose pero que estos fenómenos convértena nunha boa noticia. Só lle faltou botar foguetes.  


Sem comentários:

Enviar um comentário