"Camiña plácido entre o ruído e a présa,
e pensa na paz que se pode atopar no silencio.
En canto che sexa posible e sen renderte,
mantén boas relacións con todas as persoas.
Enuncia a túa verdade dun xeito sereno e clara,
mantén boas relacións con todas as persoas.
Enuncia a túa verdade dun xeito sereno e clara,
e escoita aos demais,ata ao torpe e ignorante,
tamén eles teñen a súa propia historia.
Evita ás persoas ruidosas e agresivas,
xa que son un amolo para o espírito.
Se te comparas cos demais,
volveraste van e amargado
pois sempre haberá persoas máis grandes
e máis pequenas que ti.
e máis pequenas que ti.
Goza dos teus éxitos, o mesmo que dos teus plans.
Mantén o interese na túa propia carreira,
por humilde que sexa,
ela é un verdadeiro tesouro
no fortuíto cambiar dos tempos.
no fortuíto cambiar dos tempos.
Se cauto nos teus negocios,
pois o mundo está cheo de enganos.
Mais non deixes que isto te volva cego
para a virtude que existe,
para a virtude que existe,
hai moitas persoas que se esforzan
por alcanzar nobres ideais,
por alcanzar nobres ideais,
a vida está chea de heroísmo.
Se sincero contigo mesmo,
en especial non finxas o afecto,
e non sexas cínico no amor,
pois no medio de todas as arideces e desenganos,
é perenne como a herba.
Acata docilmente o consello dos anos,
abandonando con donaire as cousas da mocidade.
Cultiva a firmeza do espírito para que te protexa
das adversidades repentinas,
das adversidades repentinas,
moitos temores nacen de fatiga e a soidade.
Sobre unha sa disciplina,
sé benigno contigo mesmo.
Ti es unha criatura do universo,
non menos que as árbores e as estrelas,
tes dereito a existir, e sexa que che resulte claro ou non,
sen dúbida o universo marcha como debe.
Por iso debes estar en paz con Deus,
calquera que sexa a túa idea del,
e sexan cales queiran os teus traballos e aspiracións,
conserva a paz coa túa alma na buliciosa confusión da vida.
Aínda con todas as súas farsas, penalidades e soños errados,
o mundo é aínda fermoso.
Se alegre, fai un esforzo por ser feliz".
Sem comentários:
Enviar um comentário