26/08/2013

A bandeira galega tamén no edificios militares !



Nesta zona tan "española" de Pontevedra , casas dos militares de Campolongo, entre as rúas de dous militares , Fernández Ladreda e Xeneral A. Rubín,  tamén se poden ver bandeiras galegas de cando en vez, sempre ó lado da española, non vai a ser que emerxan malos entendidos. Eu é a primeira vez que vexo unha, para min é toda unha novidade. O meu primeiro comentario ó vela foi: "Menos mal que teñen algún detalle". Terán ese detalle tamén coa lingua propia dos galegos?  Hai que ter esperanza ? Din que é o derradeiro que se perde.

 Eu dende aquí brindo cun grolo de caña "do país" por esta "moza" que osou a tal atrevimeto.

Sem comentários:

Enviar um comentário