15/07/2013

Figuras controvertidas nestes tempos que corren













"O cabaleiro cuberto". Este personaxe elixido anualmente polo Pleno da Corporación Municipal de Orihuela (Alacant) recae sobre os que se destacaron nas súas profesións, pola caridade ou por algo que fixera  para  que Orihuela se sentira orgulloso del.  Dela ? Na Semana Santa será  o único que pode entrar na igrexa con sombreiro.


"A Diablesa", así é popularmente coñecido, é, segundo fontes municipais, o único paso da Semana Santa en España, en que a figura do demo sae na procesión.
A escultura foi creada polo escultor austríaco Frei Nicolás de Bussy e adquirida en 1695,  pola orde asociación dos agricultores, despois de pagar  800 libras valencianas.

Preguntas:

Por que o que pode entrar na igrexa é un cabaleiro? Podería ser unha muller?

Por que o demo, o pecado .... se representa en forma de muller?

En Alicant, tamén, dentro da Festa de Moros e Cristianos de Alcoi  hai debuxos, onde os gañadores, os cristianos, co seu santo San Jordi "Matamoros", teñen non pés baixo unha lanza, primeiro unha serpe (o demo) e logo ós moros.

Sem comentários:

Enviar um comentário