13/04/2013

O asesor xurídico dun "concello galego" di non entender o galego


Xosé Ramón Farinós, foi denunciado por criticar nas redes sociais que o asesor finxise nun xuízo no que representaba o Concello non entender galego para impedir que se use o idioma propio e oficial de Galiza. Carlos Callón: "É insólito que alguén que cobra diñeiro público en concepto de asesor xurídico descoñeza un dos piares do noso ordenamento xurídico". A Mesa pola Normalización Linguüística, organización en defensa do idioma, dirixiu un escrito á alcaldesa de Muros, Caridad González, solicitando que non continúe a permitir que o odio do seu asesor cara á lingua se traduza en coaccións á veciñanza.

Sem comentários:

Enviar um comentário