18/04/2013

Cambios ortográficos que se producirón no 2003


Os cambios nas linguas estanse a producir máis acotío do que un pensa en todas as linguas. De todos xeitos, no caso actual galego, máis que un cambio de normativo foi  unha actualización lingüística.
De feito chámaselle a esta integración a "Normativa da Concordia".

Modificacións:

1. O alfabeto
O nome da letra <q> pasa a ser que.
O nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasa a denominarse respectivamente ce hache, ele dobre e que u.
1.9. Elimínase o último parágrafo da explicación, por consideralo alleo ás normas do galego: "O fenómeno é paralelo ó do castelán... eje, dijo, etc.)"
2. A acentuación
2.5. Acentuación de i, u en hiato
Engádese a seguinte aclaración: "Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterior, as vocais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre ambas aparece o grafema h: prohibo"
2.7.4. Outros casos
Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas a aqueles casos en que é necesaria para evitar anfiboloxías.
3. O guión
Suprímese o epígrafe 3.2 (o guión co alomorfo lo(s), la(s)). O seu contido trasládase en forma resumida para o capítulo 13.1.1. (o artigo)
6. Os signos de interrogación e admiración
O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendado ao seu inicio para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura.
6. O apóstrofo
Introduciuse un novo epígrafe 6, dedicado ao apóstrofo, que permite a súa utilización para a reproducción da prosodia oral, ou para respectar títulos de obras ou cabeceiras de publicacións.
7. Grupos consonánticos
7.2. Grupos bc...
Engádese no título do epígrafe o grupo bm
7.4 Grupos –ct- e –cc-
Suprímese a primeira consoante cando precede as vogais i e u (condución, conflito...). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras cultas de escasa frecuencia (deíctico, dúctil...).
7.18. Algunhas observacións sobre a pronuncia dos grupos cultos.
A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor (reitorado, reitoral, reitoría) e seita (pero sectario, sectarismo).
Introdúcese un novo epígrafe 8.18. sobre a pronunciación dos grupos cultos, prescribindo o timbre aberto das vogais e, o cando preceden un destes grupos, e condenando realizacións do tipo [´aqto], [a?´n stiko], etc.
8. Sufixos e terminacións
8.1. –ancia, -encia...
Mantense Galicia como "voz lexítima galega, denominación oficial do país e forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna". Galiza considérase tamén unha foma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.
Amplíase a relación de voces con –zo, -za: diferenza, espazo, estanza ("estrofa"), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza, servizo e terzo.
8.7. -ble Considéranse admisibles tanto –ble como –bel e, en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer ou estebelecer. No texto das Normas emprégase – ble,
8.8. –eo, -eu e –ao, -au Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en – eu.
Engádense bacallau e pau á relación de palabras en –au.
8.11. –us, -um Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en –o.
8.14. –án / -á, -ano / -ana
8.15. –án / -ana
Acomódase ao esquema –án / -á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.
Admítense as variantes locais –ao / -á e –án / -án nos xentilicios correspondentes (burelao / burelá, muradán / muradán...).
A terminación –án / -ana queda así reservada para caracterizadores pexorativos (bocalán...).
8.16. –on / -oa, -ona O esquema –ón / -ona queda reservado para formacións aumentativas (homón, mullerona...) e para deverbais pexorativos (abusón, abusona...).
Nos demais casos, ón / -oa (anfitrión / anfitrioa, león / leoa...).
8.18. –dade, -tade Incorpórase puberdade ó grupo en –dade.
8.20. –aría / -ería Dáselle preferencia á solución tradicional –aría (a non ser en certos galicismos), aínda que se admite tamén a solución –ería.
9.5. Vacilacións no vocalismo átono : Elimínase todo o apartado.
9.7. Novo: Encontros vocálicos
Co epígrafe 10.6. do texto novo, introdúcense unha serie de recomendacións sobre a pronunciación dos encontros vocálicos nas palabras que acaban en –e cando van seguidas doutra que comeza por vogal.
13. O artigo
13.1. O artigo determinado
O alomorfo –lo pasa a ser de uso obrigatorio só despois da preposición por e do adverbio u. Nos demais casos a súa representación é facultativa. No texto das Normas só se emprega nos casos en que é obrigado. Insístese en que, mesmo que non se represente graficamente, a única pronunciación recomendable é a que reproduce os alomorfos –lo(s), -la(s) nos contextos sinalados.
13.1.2. Contracións
13.1.2.2. Contracións coa conxunción comparativa ca
O encontro da preposición a co artigo o pódese representar graficamente como ao ou ó. O texto nas Normas escríbese con ao.
Admítese a dobre representación para o encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado: ca o ou có, ca a ou cá.
14. Pronomes
14.3. Demostrativos
Elimínanse esto, eso e aquelo como formas neutras.
14.5. Relativos... Admítese tamén o relativo posesivo cuxo, con flexión de xénero e número.
15. Numerais
15.1. Cardinais
Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous, vinte e dúas...
15.3. Multiplicativos Elimínanse triple e cuádruple.
16. Verbo
16.1. Paradigmas regulares
Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo (andásemos, andásedes...)
16.3.13. Oír / ouvir Admítese ouvir ao lado de oír.
17. Adverbios e locucións adverbiais
17.1. De lugar
Engádense á lista alén e aquén.
17.2. De tempo Aglutínanse acotío, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido, enseguida. Elimínase entonces.
17.3. De cantidade e precisión
Aglutínase a locución apenas. Elimínase alomenos.
17.4. De modo Aglutínase a locución amodo e devagar
17.7. De dúbida Aglutínase a locución talvez.
18. Preposicións e locucións prepositivas
Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.
19. Conxuncións e locucións conxuntivas
19.3. Adversativas
Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo. Engádense no entanto, porén.
19.4. Concesivas Elimínase anque.
19.7. Consecutivas Elimínase entonces.
19.10. Temporais Aglutínanse apenas, decontado que, deseguida que. Engádese até que.

Sem comentários:

Enviar um comentário