"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)
Cronograma do vídeo youtube
Vídeo
O xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" .
O "Evento 1" foi gravado en directo (sistema hangout) en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h) deste vídeo (VER CRONOGRAMA), pois houbo retraso e a cámara estivo gravando igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra, recitaron e cantaron algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote) o alumnado de diferentes centros educativos particantes e rematou o evento coa presentación da páxina web ou o Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems). Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico, por exemplo é o da etiqueta "Countries" (por paises). Como a web principal está en inglés, por ser un proxecto internacional, se buscamos "Spain" iremos a un site onde aparecen diferentes paises de lingua hispana (de momento Andorra, Cuba e España), onde logo dentro de España aparecen as diferentes comunidades autónomas. E logo, clicando en Galicia aparecen as escolas galegas que estamos a partipar cos seus poemas. Recordamos que este proxecto está na Fase nº 1., A Fase 2ª será na primeira semana de Xullo, fora do calendario lectivo escolar, no Congreso que se fai anualmente de Rede de Escolas Asociadas UNESCO, este ano será en Alicante.
Sem comentários:
Enviar um comentário