03/02/2013

Charcas con vida e Manual da Convención de Ramsar

Onte, 2 de febreiro, , celébrouse o Día Mundial dos Humedais, onde se recordou a data na que se creou a Convención Ramsar (1971), un tratado intergobernamental que serve de marco para as accións en favor da conservación e do uso racional estos ecosistemas mediante actuacións locais, rexionais e nacionais, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo.

España ratificou o Convenio en 1982 incluíndo no listado dúas zonas húmidas: Doñana e as Tablas de Daimiel. 

Actualmente 5 dos humedais mais destacados de Galicia forman parte deste listado: 

• Ría de Ortigueira e Ladrido
• Complexo das praias, dunas e lagunas de Corrubedo
• Lagoa e areal de Valdoviño
• Complexo intermareal Umia-Grove, a Lanzada. Punta Carreirón e lagoa
Bodeira
En Pontevedra a Asociación ecoloxista ADEGA, coa colaboración do Concello de Pontevedra, celebraron unhas xornadas para difundir a importancia das charcas, tamén como pequenos pero valiosos humidais dos nosos ecosistemas.

Nós intentaremos tratar este tema da biodiversidade das charcas coa colaboración da Asociación Vaipolorío.


Clicando na imaxe do "Manual" poderás ver o documento en PDF.

 Máis información en CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-

Sem comentários:

Enviar um comentário