A palabra "Foro" ten varias acepcións, nos aquí referímonos ó "privilexio ou exención que se lle concedía a unha cidade, vila, concello, familia ou persoa".
No século XI prodúcese a
descomposición do califato cordobés e cesan as incursións vikingas
nas costas europeas. Comezan a aparecer os burgos, as
cidades (estas fan a un libre, escapando do ríxido feudalismo), os
gremios, novos oficios e novos marcos xurídicos (foros).
O 1º foro pontevedrés foi concedido
por Fernando II en Cidade Rodrigo no ano 1169, e logo confirmado por
Alfonso X en 1264, porque o anterior non estaba selado. Este foro
ten moita importancia porque libera ós seus habitantes dunha serie
de impostos, protexe a navegación e regula as causas do criminal.
Entre os impostos están:
Luctuosa, imposto que se pagaba polo
falecemento dunha persoa, unha cabeza de gando, unha xoia, un cabalo
se era de cabaleiro, ou os cartos equivalentes. Os cregos pagaban un
vaso de prata ou unha mula.
A Goyosa, pagábana os vasalos ó seu
señor ó nacerlles un fillo.
A Fossadeira, era unha multa que
aplicaba a quen se ausentaba do servizo militar anual por algúns
días.
A Pedidailla era un tributo gremial que
se cobraba dependendo da riqueza e importancia do gremio.
O Anal, era o tributo anual e a moeda
era un tributo de pequena contía que se cobraba en ocasións
sinaladas, voda real, nacemento dun príncipe, etc.
Fonsado. Tributo que se pagaba polos
gastos da guerra. Fonsadeira: servizo persoal que se prestaba na
guerra.
Nese mesmo ano celébranse os
esponsales de Fernando II con doña Urraca, filla do monarca
portugués, Afonso Enríquez, despois dunha acidentada guerra entre
eles, onde gañou o leonés.
En 1180 a cidade pasa de ser vila de
realengo vila arzobispal do señorío de Santiago.
De outros que foron aparecendo , dous
deles teñen tamén moita importancia na actividade marítimo
pesqueira da Moureira. O primeiro, confirmado en Toro en 1316, por
Alfonso XI como antigo privilexio, referíase á exención do imposto
de galea, e o outro o privilexio de salgar e resalgar a sardiña. Os
documentos corresponden a Alfonso IX (1229) sobre a exclusiva de
curar o peixe, e a Fernando III, o de conceder a Pontevedra a
fabricación exclusiva de graxa de saín (1238). Confirmado logo
polos reis Católicos en Tarazona en 1485, quizais como
correspondencia á participación da marinería pontevedresa (Goméz
Paio Charino con 27 embarcacións).
Seguindo cronoloxicamente aparecen
outros dous foros para seguir fortalecendo o crecemento da cidade.
O primeiro de Juan II (1452), este concédelle a Pontevedra o título
de Porto de Carga e descarga para toda Galicia; e o segundo de
Enrique IV (1467) concedéndolle a Feira Franca de San Bartolomeu (15
días antes e 15 despois desta festividade).
A Feira eximía do pago das alcabalas
(imposto que gravaba a compraventa). Esta concesión coincide co
levantamento Irmandiño. Onde son moitos os que din que isto foi un
claro apoio a este movemento.
Sem comentários:
Enviar um comentário