Eu xa o comentei algunha vez que unha das causas da perdida do galego é o que eu chamo "educación", pero da falsa ou mala. Este vén sendo o caso desta señora. Por que temos que cambiar ó castelán cos renegados da lingua galega? Unha cousa é ter que cambiar ó castelán cando a outra persoa non o entende, pero non falar xa o castelán por sistema como fai a maioría da xente. E aínda por riba, algúns, dinche que falan en galego coa xente que llo fala. Pero claro eles son "educados" e comezan en castelán. O que digo "eu", Non se fala por educación! Manda truco. E logo, quen queda para falar galego? Pois os que teñen algún sentimento, ou que a usan por que teñen a conciencia de que é preciso falala para mantela viva e que non se perda. Por supoto, estes últimos serán catalogados ou ben sindicalistas ou ben do BNG.
O malo do conto é que aínda hai moita xente que pensa como esta señora, e para rematar o conto, vén o Sr. Werb, coa LOMCE, a case dárllela razón a este tipo de xente. Hai que españolizar!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário