08/12/2012

Cousas de zombis ou de cangarexos

A Plataforma Prolingua, acaba de sacar o artigo "Ás recúas" , que poderiamos chamar manifesto, criticando o proxecto de lei de Educación, a LOMCE

 Un dos aspectos que máis nos afecta ós galegos, ó igual que a outras linguas do Estado, é o trato que se lle da á Lingua Galega

Esta deixa de ser unha materia troncal, pasa de primeira a segunda división. Xa non é das "importantes" para pasar dun curso a outro.

Queren tirar abaixo o sistema educativo catalán.

Como é que sendo o Galego a lingua propia de Galicia deixa de ser unha materia troncal e o castelán non? 

Para o colmo, o noso presidente gávase de que o ministro Werb, está a copiar o modelo galego. Un modelo que vai  "Ás recúas", ou dito doutro xeito de "Cú e costa arriba",   como os cangarexos

Quen nos dera ós Galegos ter o modelo Catalán,  onde alí si son verdadeiramente bilingües , e non o noso onde os rapaces saen acomplexados das nosas escolas.

Onde están os referentes para os rapaces galegos?
  
Nos hospitais? Na xustiza? Nos medios de comunicación?  No ensino? ....

En Cataluña á cousa éche ó revés, a lingua cóidana, deféndena  e ten prestixio.

Que envexa me dan!

 

Sem comentários:

Enviar um comentário