Na Galiza xa o están conseguindo. Importaralle esta gráfica ó señor Werb?
Agora queren ir contra os que teñen máis orgullo de ser un pobo. O de estado plurinacional non lles gusta . O da España, única, grande e libre segue merodeando por este país. Non me extraña que moitos non queiran ser españois. A que prezo? Ò de enterrar as diferentes culturas? Se unha gaita sona é cultura, pero se fala xa é perigosa ... Case é como nas escolas, escríbese pero non se fala.
Podería demostrar o señor WERB que os cataláns non sabe o castelán?
Pois aquí é moi fácil demostrarlle que moitísimos rapaces non saben manter unha conversa minimamente en galego ó chegar ó instituto. Impórtalle isto ó señor Werb?.
Ó chegar a primaria algúns de infantil, se lles falas en Galego, comentan ou pregúntanche porque falas inglés. Xa que eles non o entenden ben.
Pois eu, e moitos outros, seguimos apostando e loitando por unha Europa das Culturas.
Por certo, Os ingleses van deixar facer unha referendo pola independencia ós Escoceses. E tamén deixan que os do Peñón de Xibraltar serán o que eles queiran. O problema é que non queren ser españois. Semella que hai máis liberdade en Inglaterra que en España. Non si?
Ler máis.
Ler máis.
Sem comentários:
Enviar um comentário