30/10/2012

Nova Reforma do Código Penal

Un resumo rápido, conciso e claro da actualidade. Por se alguén non se decatou: Como sabedes, o goberno de España prepara unha reforma de código penal. Explicámos algunhas desas reformar en 6 cómodos puntos: 1. Que un antidisturbios che pegue unha malleira de morte non é delito. Que alguén o grave e o difun dá si que o é. 2. Que un banco che desahucie non é delito. Ocupar unha sucursal bancaria para protestar por haberche desafiuzado: Ata seis meses de prisión. 3. Cargarse a sanidade e a educación públicas non é delito. Interromper o transporte público: Ata dous anos de prisión. 4. Que a policía abuse da súa autoridade e empregue a violencia non é delito. Resistirse á autoridade: Ata catro anos de prisión. 5. Que os políticos agredan coas súas reformas a miles de persoas non é delito. Que unha persoa agreda a un político: Ata seis anos de prisión. 6. Incumprir o programa electoral e mentir non é delito. Convocar manifestacións para protestar por iso: Ata un ano de prisión.

Sem comentários:

Enviar um comentário