04/12/2014

Refráns de outubro

A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove. A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove. A verdura de San Simón dá pro amo e mais pro ladrón. A verdura en outono cómea o seu dono. Áncoras ó fondo, que chega San Simón. As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son. As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os boi En outubro, a terra esterca e cobre. En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa. O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas. O que deixa a Coresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa. Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.s Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar. Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas. Polo san Lucas saben ben as uvas. Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas. Polo san Simón apreta o baldón. Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño. Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. Polo san Simón, áncoras ó fondón. Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón. Por san Francisco, risco, risco.Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba. Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas. Por san Quintín castañas ó rolín. Por san Simón a xeira do cogordón. Por San Simón cada moneda vale un doblón. Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas. Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas. Por san Simón o néspero se repón. Por san Simón, aperta o baldón. Por San Simón, camiñar si, navegar non. Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son. Quen en san Miguel esterca, desde casa rega. Quen en san Miguel planta, un ano adianta.
Notas sobre os refráns:
San Simón , 28 . S. Miguel (10). San Lucas é o 18.. Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas. San Francisco, 4 de outubro. "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez. Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto. O Pilar, 12 de outubro. Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois. San Xudas, 28 de outubro. San Quintín, 31 de outubro.

Sem comentários:

Enviar um comentário