04/12/2014

Que pasa coas pancartas

Este artigo é copia dun feito no blogue do EDNL do CEIP Campolongo.O artigo, no colexio, vai a desaparecer porque seica é politicamente incorrecto. Como este blogle, non é do centro ten liberdade para expresarse, e aquí vai a copia:
De 5 de octubre de 2011
Sabías que algúns inspectores están dando ordes de que non se poden poñer pancartas nos colexios? Por suposto depende que tipo de pancartas. Neste momento estamos a falar dunha como a que temos na imaxe. Unha indignación máis. Pon algo grave a pancarta? O señor presidente no parlamento dixo que "Había que respectar a aqueles que non foron a folga" . Querendo dicir que a maoría dos mestres non foron a folga e que comulgaban co que estaban a facer. Cousa que é mentira e por iso están intentando que non se vexa moito o cabreo xeral do profesorado. Aquí preguntámonos como é posible que prohiban que poidamos manifestar o noso malestar (maioría do claustro) polo que está acontecendo no ensino público: descontos, recortes, incremento do horario lectivo, eliminación das especilaidades ... Dende logo, sei que algúns centros aínda teñen a pancarta ... Nós só podemos dicir que estaba decidido poñela pero chegou a censura antes de tempo. A min isto recórdame a outros tempos.

Sem comentários:

Enviar um comentário