04/12/2014

Abril mes de San Xurxo

Aínda que un pouco tarde, aquí van algúns dos refráns do mes de Abril. Imonos fixar no día de San Xurxo para ver se este ano collemos algunha cereixa. Xa sabedes, podedes aportar algún que saibades e que non esté aquí metido/div> - Se polo San Xurxo (23) chove, de 100 cereixas quedan nove - En Abril, cada pingueira de auga vale por mil. - Falten augas mil e non falten en Abril. - En Abril ronca o porco no cubil. - Altas ou baixa en Abril son as pascuas - Abril que non chove, deixa ó labrego pobre - Abril , pendoril; maio, engraio; e San Xoán , segaio. - Abril pare os froitos e maio levaos ó lombo - Abril e maio son as chaves do ano. - Abril chovedeiro enche o cabaceiro - Abril frío, moito pan e pouco viño. - Abriles e cabaleiros, son ás veces traizoeiros. - Abril, se malo quere vir, aínda as portas non deixa abrir. - En Abril augas mil. - Corta cardos en Abril e de cada un naceranche mil. - Entre Marzo e Abril, se non vén o cuco quere vir a fin. - Abril recacha, aínda a vella queima a racha. - En Abril volven as augas por onde adoitaba vir. - En Abril, ábrelle a porta ó gando e déixao ir. - En Abril espigas mil. - Solla de Abril, abre a man e déixaa fuxir. - Val máis un torbón de Abril que os boisei o carro e aquel que vai nel. - En Abril ponte de codín; e se o pan ves verdegar, ponte a cantar. - Chova para min Abril e Maio e para ti todo o ano. Segunda tanda: Da páxina de Galicia Encantada Abril a lá carda e maio leva a fama. Abril chove para as xentes e maio para as bestas. Abril esfola pero maio amola. Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes. Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gando. Abril frío quere compango, viño e pantrigo. Abril frío trae poias de trigo. Abril frío, moito pan e pouco viño. Abril frío, pan e viño. Abril mollado, malo na horta e bo no campo. Abril para ser abril ten que vir con augas mil. Abril que non chove deixa ó labrego pobre. Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gando. Abril se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir. Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir. Abril, atoldado e pouco mollado. Abril, augas mil escoadas por un mandil. Abril, augas mil peneiradas nun candil. Abril, augas mil, senón ó comezo, ó medio ou ó fin. Abril, o do bo durmir. Máis: "As caracochudas": "A auga en Abril enche o carro e o carril" "Abril amoroso, S. Xoán ventoso" "Se queres saber cando é abril a anduriña viracho a dicir" "No Abril ronca a porca no cubil" "Polo Abril xa só poda o labrego ruín" "Xeada de Abril, rara pero baril". Máis no ceip.wenceslaofernadezflores.com
O debuxo saqueino deste bonito calendario. Se clicas nos debuxos sairanche algúns refráns do mes escollidos (os do wenceslaofernandezflores).

Sem comentários:

Enviar um comentário