04/12/2014

A historia de dous músicos

Chegou a min unha desas moitas presentacións power point que rulan na rede cunha historia real conmovedora. Aquí vola deixo. Axiña lla mando tamén a un compañeiro que colga estas presentacións (en galego) na súa páxina. O enderezo está nos meus recomendados: "PPS en Galego".
"A historia de dous músicos"
Refírese a dous dos tres tenores - Luciano Pavarotti, Plácido Domingo e Xosé Carreras que emocionaron ó mundo cantando xuntos. Case todo o mundo sabe da rivalidade existente entre os cataláns e os madrileños, xa que os cataláns loitan pola súa autonomía nunha España dominada por Madrid. Pois ben, Plácido Domingo é madrileño e José Carreras é catalán. Por cuestións políticas, en 1984, Carreras e Domingo volvéronse inimigos. Sempre moi solicitados en todas partes do mundo, ámbolos dous facían constar nos seus contratos que só se presentarían en determinado espectáculo se o adversario non fose invitado. En 1987, a Carreras apareceulle un inimigo moito máis implacable que o seu rival Plácido Domingo. Sorprendeuno un diagnostico terrible: leucemia!! A súa loita contra o cángro foi moi sufrida. Someteuse a varios tratamentos ademais do auto-transplante da médula ósea, o cambio de sangue que o obrigaba a viaxar unha vez por mes a Estados Unidos. Nestas condicións no podía traballar e a pesar de ser dono dunha razoable fortuna, os altos custos das viaxes e do tratamento debilitaron as súas finanzas. Cando non tivo máis condicións financieiras, tomou coñecemento da existencia dunha fundación en Madrid, cuxa finalidade única era apoiar o tratamento de leucémicos. Sorprendendo a Plácido nunha das súas presentaciones en Madrid, Carreras interrumpeu o evento e humildemente, axeonllouse ós seus pés, pediulle desculpas e agradeceulle públicamente o que fixo. Plácido axudouno a levantarse e con unha forte aperta selaron o inicio dunha grande amizade". Nunha entrevista a Plácido Domingo, a periodista lle preguntaba por que había creado a fundación "Hermosa" nun momento en que, ademais de beneficiar a un “inimigo", axudara ó único artista que podería facerlle a competencia. A súa resposta foi curta e definitiva: "Porque non se pode perder unha voz como esa..." "Esta é unha historia real da nobreza humana e debería servirnos de inspiración e exemplo"...
Cando vexades unha estrela fugaz Gárdadea no voso corazón É o alma de alguén que conseguiu Dar ós seus o seu amor...

Sem comentários:

Enviar um comentário