09/11/2014

Récord de España en Campolongo


Jesús Hermida,  nos anos 50 bateu récord de España nos 80 metros na fase provincial dos Xogos Escolares. "Fixen unha marca escandalosa naquel momento, posto que o récord estaba en poder do noso paisano Moncho Rodríguez en 9 segundos, e eu, en Campolongo,  en Pontevedra,  nunha pista mala de cinza,  fixen  8.7".
Este sorprendente rexistro supúxolle ser chamado a Madrid para integrar unha selección nacional escolar que se mediaría á francesa. Era o ano 1953. Pero tan pronto como chegou á capital, dixéronlle que non crían a marca que conseguira en Pontevedra, o que lle produciu un enfado considerable. "Entón probáronme. Puxéronme a outro velocista, cinco metros antes da miña saída. Eu saía en 80 e el en 75. Saqueille cinco metros máis e marquei en crono 8 segundos 9 décimas. O xuíz daquela proba e seleccionador do equipo nacional, Juan Sastre, veu cara a min e dime: Chaval, amoláchesme. Efectivamente non teño máis remedio que seleccionarte. E sacou do equipo un corredor moi bo, logo amigo meu cando fun  a estudar a Madrid, Tuduri, fillo de Andrés Tuduri que foi presidente algúns anos da Federación Española de Atletismo,"
O encontro escolar España-Francia, nas pistas da Cidade Universitaria, finalizou cunha vantaxe de puntos espectacular a favor dos españois: 80 a 30. "En 80 metros", reflectiu a prensa "despois de dúas saídas en falso, foi descualificado noso primeiro sprinter, Hermida, ao que os franceses, nun trazo de deportividade e camaradaría autorizaron a participar.

Sacado, resumido e traducido o galego do artigo "Un veloz escolar en Campolongo"  de Emilio Navaza

Sem comentários:

Enviar um comentário