16/09/2013

O Primeiro Instituto de Pontevedra

Ata 1903 foi Instituto de Segunda Ensinanza, antes (1790) Fábrica de Panos, antes (1770) Real Colexio, e orixinariamemte, Colexio da Concepción da Compañía de Xesús (xesuítas), onde tivo a súa celda o Padre Isla, autor da  "Historia de Fray Gerundio", e onde foi expulsado o 3 de abril de 1967. O comentado libro foi censurado pola Santa Inquisición.

En 1953 pasou a chamarse "Hogar Provincial" e funcionaría como tal ata 1976 que desapareceu coa inauguración da Cidade Infantil Principe Felipe en Montecelo.

Non sei as datas pero sí comentar que mentres no se pasaron para o edificio da "Maestranza" (Cuartel de San Fernando)  na Alameda,  os de Belas Artes estiveron algún tempo neste edificio (1990 ?).

Outro novo uso do edificio foi  o de Escola de Enfermería, primeiro financiada pola Diputación de Pontevedra e logo traspasada a Universidade de Vigo en 2012

A Diputación de Pontevedra creou a Escola de Enfermería no ano 1974, como un centro dependiente do Hospital Provincial en donde está ubicada actualmente, pero que se iniciou tamén neste emblemático edificio ubicado entre as rúas de  Cobbián Rofignac e Sierra. Ata 1996 dependeu totalmente da Diputación.  Agora como novo Plan Bolonia, espérase o traspaso total desta carreira universitaria.





Sem comentários:

Enviar um comentário