28/11/2009

Principios do novo decreto do Galego


Principios do Novo Decreto do Galego

 Segundo a propia orde establecida polo secretario xeral na súa intervención de onte, os principios son os seguintes: Primeiro, que os alumnos acaden unha competencia semellante das dúas linguas; segundo, fomentar activamente o galego; terceiro, ter en conta a opinión das familias; cuarto, “impulsar o imprescindible plurilingüísmo”; quinto, adaptar o marco normativo “aos distintos contextos” (centros educativos, competencias do profesorado, etc.); e sexto, “facer efectiva a lingua galega como lingua primeira da Administración educativa”.

Sem comentários:

Enviar um comentário