01/11/2015

Mil Primaveras Máis

O Texto "Mil primaveras máis ..." do "poema" de Álvaro Cunqueiro está posto na súa lápida. Tamén o podemos escoitar na boca do poeta neste vídeo do programa "Ben Falado". Foi nunha homenaxe que lle fixeron o poeta en Ourense, 12 meses antes de falecer. Aquí tedes o texto enteiro: "Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis". O texto noutras linguas

Sem comentários:

Enviar um comentário