30/09/2015

Música, filosofía e Keith Richards

A música é para a alma o que a ximnasia para o corpo. (PLATÓN), filósofo.
Sen música a vida sería un erro. (NIETZSCHE), filósofo.
Na música todos os sentimentos volven ao seu estado puro e o mundo non é senón música feita realidade. (SCHOPENHAUER), filósofo.
A arte da música é o que máis próximo áchase das bágoas e os recordos. (ÓSCAR WILDE), escritor.
En verdade, se non fóra pola música, habería máis razóns para volverse tolo. (ILICH CHAIKOVSKI), compositor.
A música é o corazón da vida, por ela fala o amor, sen ela non hai ben posible e con ela todo é fermoso.(FRANZ LISZT), compositor.
Fóra da música, todo, incluso a soidade e a éxtase, é mentira. Ela é xustamente ambos, pero mellorados. (EMIL CIORAN), filósofo e escritor.
Onde hai música non pode haber cousa mala. (CERVANTES), escritor.
A música fíxose para o inexplicable. (DEBUSSY), compositor.
A música escava o ceo. (BAUDELAIRE), poeta.
A poesía ha de ser filla obediente da música. (MOZART), compositor.
A música constitúe unha revelación máis alta que ningunha filosofía. (BEETHOVEN), compositor.
A música é a linguaxe que me permite comunicarme co máis aló. (SCHUMANN), compositor.
Creo que quen gozou cos sublimes praceres da música, deberá ser eternamente adicto a esta arte suprema, e xamais renegará del. (WAGNER), compositor.
A música é a verdadeira linguaxe universal. (WEBER), filósofo.
Aprender música lendo teoría musical, é como facer o amor por correo. (PAVAROTTI), tenor.
A música é un nexo entre o home e o cosmos. (PITAGORAS), filósofo.
A música dá alma ao universo, ás á mente, voos á imaxinación, consolo á tristeza e vida e alegría a todas as cousas. (PLATÓN), filósofo.
A música é unha necesidade. Despois da comida, o aire, a auga e a calefacción, a música é a seguinte cousa necesaria na vida. Simplemente, tocar un tema é un luxo. (KEITH RICHARDS), máis que guitarrista.
A música é a miña heroína, sálvame da morte e engánchame á vida. (AM), mandril.
Vémonos pronto, e lembra, pon na túa vida música, filosofía, sexo, veu e alegrías e deixa de dicir bobadas.


Ver o orixe

Sem comentários:

Enviar um comentário