04/12/2014

Refráns de Nadal

ONOMÁSTICA
# A Concepción de María celébrase o 8 de decembro. # ↑ Santa Viviana, 2 de decembro. # ↑ San Tomé, 21 de decembro; San Matías celebrábase o 24 de febreiro, se ben actualmente trasladouse ó 14 de maio. # ↑ Santa Lucía, 13 de decembro. # ↑ San Nicolao, 6 de decembro. # ↑ Santa Baia, 14 de decembro. # ↑ Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán. # ↑ San Silvestre, 31 de decembro.
REFRÁNS
As chuvias de Nadal, non fan mal. Bo ano, Nadal soleado Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento. Cando o Nadal nada, sinal de boa anada. Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal. Decembro mollado, xaneiro xeado. Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña. Díxose o neno a san Xoa´n , de ti a min menguarán, de min a ti medrarán. En decembro descansar e en Xaneiro traballar En decembro moita auga, en agosto lumes En Nadal todas as cousas andan mal. En Nadal, inverno a caroal Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro. Fías de Nadal, nin tecedeiras fan. Friaxe no Nadal, non fai mal. Nadal chuvioso, xaneiro ventoso. Nadal chuvioso, xaneiro ventoso. Nadal mollado, xaneiro xeado. Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro. Nadal sen porco non veñan moitos. Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val. Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar. O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día. O que queira ter bo allal pránteo no nadal. Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste. Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas. Pola Concepción ningunha galiña pon. Pola Santa Lucía deita túa galiña Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia. Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día. Polo Nadal cada ovella ao seu curral. Por Santa Lucía a pata dunha Galiña. Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día. Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día. Por Santos e Nadal, o inverno caroal. San Silvestre, meigas fóra. Santa Lucía o máis pequeno dos días. Santo Tomé agarra o cocho polo pé. Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar. Se Nadal nada, sinal de boa anada.

Sem comentários:

Enviar um comentário