28/03/2014

Como cho digo

Despois do éxito de Gústame o galego, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de presentar "Como cho digo ".
Esta nova campaña de normalización lingüística busca facer visible o uso do galego nos medios de comunicación respectando a lingua orixinal na que as persoas fan as súas declaracións.
 A campaña comeza coa adhesión de persoas e entidades representativas de diferentes ámbitos sociais. Con Como cho digo ;-) fan público o seu desexo de que os medios de comunicación recollan e reflictan en galego as declaracións que fan neste idioma.

 Na páxina web da campaña podedes coñecer tanto as persoas como as entidades e institucións que a apoian esta iniciativa. Ademais, existe un apartado para que todo aquel que o desexe poida sumarse a Como cho digo ;-): http://www.comochodigo.eu/

Sem comentários:

Enviar um comentário