04/01/2013

Os Foros e as súas implicacións na Moureira


A palabra "Foro" ten varias acepcións, nos aquí referímonos ó  "privilexio ou exención que se lle concedía a unha cidade, vila, concello, familia ou persoa".

No século XI prodúcese a descomposición do califato cordobés e cesan as incursións vikingas nas costas europeas. Comezan a aparecer os burgos, as cidades (estas fan a un libre, escapando do ríxido feudalismo), os gremios, novos oficios e novos marcos xurídicos (foros).
O 1º foro pontevedrés foi concedido por Fernando II en Cidade Rodrigo no ano 1169, e logo confirmado por Alfonso X en 1264, porque o anterior non estaba selado. Este foro ten moita importancia porque libera ós seus habitantes dunha serie de impostos, protexe a navegación e regula as causas do criminal. Entre os impostos están:

Luctuosa, imposto que se pagaba polo falecemento dunha persoa, unha cabeza de gando, unha xoia, un cabalo se era de cabaleiro, ou os cartos equivalentes. Os cregos pagaban un vaso de prata ou unha mula.
A Goyosa, pagábana os vasalos ó seu señor ó nacerlles un fillo.
A Fossadeira, era unha multa que aplicaba a quen se ausentaba do servizo militar anual por algúns días.
A Pedidailla era un tributo gremial que se cobraba dependendo da riqueza e importancia do gremio.
O Anal, era o tributo anual e a moeda era un tributo de pequena contía que se cobraba en ocasións sinaladas, voda real, nacemento dun príncipe, etc.
Fonsado. Tributo que se pagaba polos gastos da guerra. Fonsadeira: servizo persoal que se prestaba na guerra.

Nese mesmo ano celébranse os esponsales de Fernando II con doña Urraca, filla do monarca portugués, Afonso Enríquez, despois dunha acidentada guerra entre eles, onde gañou o leonés.

En 1180 a cidade pasa de ser vila de realengo vila arzobispal do señorío de Santiago.

De outros que foron aparecendo , dous deles teñen tamén moita importancia na actividade marítimo pesqueira da Moureira. O primeiro, confirmado en Toro en 1316, por Alfonso XI como antigo privilexio, referíase á exención do imposto de galea, e o outro o privilexio de salgar e resalgar a sardiña. Os documentos corresponden a Alfonso IX (1229) sobre a exclusiva de curar o peixe, e a Fernando III, o de conceder a Pontevedra a fabricación exclusiva de graxa de saín (1238). Confirmado logo polos reis Católicos en Tarazona en 1485, quizais como correspondencia á participación da marinería pontevedresa (Goméz Paio Charino con 27 embarcacións).

Seguindo cronoloxicamente aparecen outros dous foros para seguir fortalecendo o crecemento da cidade. O primeiro de Juan II (1452), este concédelle a Pontevedra o título de Porto de Carga e descarga para toda Galicia; e o segundo de Enrique IV (1467) concedéndolle a Feira Franca de San Bartolomeu (15 días antes e 15 despois desta festividade).

A Feira eximía do pago das alcabalas (imposto que gravaba a compraventa). Esta concesión coincide co levantamento Irmandiño. Onde son moitos os que din que isto foi un claro apoio a este movemento.

Sem comentários:

Enviar um comentário