07/01/2013

Batallas en Pontevedra

Son varias as causas da decadencia da vila e dos portos de Pontevedra , pois este era o núcleo principal da vida na cidade. Unha das máis importantes foi as continuas guerras que houbo dende a súa creación. Estas non foron poucas , sobre todo nos séculos XVII e XVIII. Vexamos.

- Comezamos xa coa invasión dos mouros, que aínda que Galicia non perdeu a independencia, pero si sufriu varias “razzias” (incursións por sorpresa), como a expedición de Abdelaziz; a expedición de Melik que rexeitou Afonso II; o ataquepor mar do mouro Abdelhamil ben Sanín, e por último, a famosa expedición de Almanzor que que destrúe Pontesampaio e atravesa o Lérez por Pontevedra.

- Ataques normardos e vikingos ou Daneses. Os normandos no ano 844 , no 968, neste último coa famosa batalla de Fornelos de Montes; no 1016 desembarcou aquí, e arrasou, o danés Olaf Haraldsom, e por último, no 1034, fixo o mesmo o danés Ulfo.

- No ano 1115, o almirante almorábide Alí ben Mesón, davasta o Morrazo e o Salnés. Pontevedra quedou afectada.

- Guerras en tempos de Alfonso VI con Portugal, pois Galicia situada ó sur do Miño pasou a Portugal, pero no ano 1169 firma o rei a paz con Portugal enriba da Ponte do Burgo, o rei era xa Fernando II de León. A paz firmada durou pouco, e as loitas fronteirizas duraron anos.

- En 1248, as xentes e sobre todo mariñeiros pontevedreses tomaron parte moi activa na conquista de Sevilla formando parte da dotación da galera de Paio Gómez Charino, almirante trobador, pontevedrés de adopción, enterrado na igrexa de San Francisco.Os almirantes pontevedreses Álvar Paéz e Jofre de Tenorio toman parte en varias accións bélicas.

- No ano 1366, o rei don Fernando I de Portugal toma a vila de Pontevedra na súa loita dinástica con don Enrique de Trastámara. En contra deste último e a favor do seu irmán Pedro, tomaron parte activa as familias pontevedresas Tenorio, Aldao e Lobeira, e a favor do seu irmán Pedro.

-Uns anos máis tarde, o inglés Jean de Gaunt, duque de Lancaster, toma Pontevedra logo de ardua loita. De Gaunt pretendía o mesmo trono. Pontevedra rendeuse.

- No ano 1396, o arcebispo de Santiago, García Manrique, levantou contra o rei Enrique III as vilas de Pontevedra e Tui, e de novo cercaron a vila de Pontevedra, que volveu caer diante de Rui López Dóvalos.

- En 1467, Pontevedra sufriu a sublevación irmandiña. Caen as torres arzobispais.

- Nos anos 70 de 1400, Pedro Álvarez de Soutomaior – Pedro Madruga- proclama raíña de España a Juana la Beltraneja, en contra dos reis católicos.

- En 1477 volveuse tomar cerco da vila de Pontevedra, neste caso foi Pedro Pardo de Cela.

- En 1585 e 1589 sofre Pontevedra os ataques do pirata inglés Drake, como os sofre o resto de Galicia. Cae a Coruña.

- No 1596, a vila de Pontevedra arma unha carabela para se defender dos ingleses.

- No ano 1617 e 1624, sofre a vila ataques dos piratas berberiscos e turcos.En 1639, a escuadra francesa preséntase nas nosas costas.

- De 1640 a 1668 guerra con Portugal; foi este un dos peores momentos, pois perdéronse moitos homes, durante máis de vinte anos.

-En 1702 é a batalla de Rande, co saqueo posterior das vilas costeiras.

- O ano 1719 foi un dos peores. O xeneral Homobod, inglés, apodérase de Pontevedra e préndelle lume despois de saqueala. Este é o momento de formación da escuadra corsaria pontevedresa dirixida polos irmáns Gago de Mendoza.

-O 5 de Xaneiro de 1809, a francesada entra en Galicia, en Pontevedra, co xeneral Franchesqui. Comeza a resistencia, a batalla de Cotobade co canón de pau ...

Sem comentários:

Enviar um comentário