25/12/2009

Contigo partirei




Cando me asolaga
a soidade e tristeza
soño esperta co máis aló
e fáiseme un nó a garganta.
Doume conta que en realidade non hai luz
nun apousento ao que non lle pega o sol,
se non estás aquí, comigo, xunto a min.
Nas húmidas fiestras da alma
mostro a todo o mundo o meu corazón
ao que soamente ti tes o acceso.
Pero por fin achégase, dentro de min,
a luz da esperanza que sempre
estiven agardando no camiño.
Chegou o momento de partir,
de ir coñecer países que nunca
vin e compartín contigo,
xa por fin serán coñecidos.
Ao teu lado reunireime e partiremos
en navíos cruzando os anchos mares,
os cales se ben, xa non, non...
non representarán ningún obstáculo.
É o momento de dicir adeus.
Cando máis te boto de menos
penso en ti a través do horizonte
e non queda máis que anegarr este baleiro.
Aínda que sei ben que no fondo
estás aquí comigo, acompañándome.
Ti a miña lúa, estás aquí ao meu lado.
O meu sol, estás aquí presente...
comigo, xunto a min, aquí amor.
Pero xa é tempo de deixar todo atrás,
de recobrar os momentos perdidos
que non compartimos xuntos
por fin pronto os reviviremos.
Recobraremos o tempo perdido.
Xuntos comezaremos outra vez
a construír novos e grandes
proxectos, que sei moi ben que
xa non, non.. non existen máis hoxe.
Pero xunto a ti levantarémolos,
contigo emprenderei a marcha.

Aí estarei contigo?

Sem comentários:

Enviar um comentário