02/11/2015

Linguas e acentos

Artigo do profesor Ángel Carracedo (La Voz de Galicia, 25-X-2015)

"Unha das cousas que máis me divirten nas reunións internacionais onde están representados moitos países é pescudar polo acento de que país son os que falan e isto, en xeral, é fácil en Europa. Italianos, gregos, alemáns, franceses, noruegueses, portugueses ou de calquera país, todos levan no acento un sinal de identidade que, por moi perfecto que for o seu inglés, delata a súa orixe sen problema. En países con diferenzas rexionais importantes como o Reino Unido, gual que aquí cando o que fala é español, con dúas palabras que diga sabemos se é vasco, galego, catalán, andaluz ou canario, se coñeces ben o país do orador, ata podes pescudar de onde é exactamente. Na maioría dos países hai máis linguas e acentos do que pensamos e a min esta diversidade lingüística e fonética encántame, e creo que é un valor cultural que debemos preservar custe o que custe ... "

Ver todo artigo en Caderno da Lingua

Sem comentários:

Enviar um comentário