28/12/2014

"Os transxénicos son unha bomba atómica con vida propia"

Foi unha bomba. Unha prestixiosa revista publicou en setembro de 2012 un estudo do francés Gilles-Eric Séralini que relacionaba o consumo de millo transxénico coa formación de tumores. Un ano despois, a revista que publicou o traballo esixiulle a súa retirada. Ese desacreditado traballo acentuou as suspicacias sobre as sentenzas definitivas a favor ou en contra da modificación xenética de sementes. En España as voces discrepantes relaciónanse con ambientalistas mentres que os apoios a esta tecnoloxía se ligan a científicos. A mexicana Elena Álvarez-Buylla sáese dese modelo. E está orgullosa diso. Doutora en xenética molecular e coordinadora do laboratorio de Xenética Molecular do Desenvolvemento da Universidade Autónoma de México -e con 106 publicacións científicas ás súas costas- non esconde a súa batalla persoal contra estes cultivos.
Hai analistas que aseguran que hai un consenso internacional científico sobre os transxénicos, que non existen diferenzas entre uns alimentos e outros...

É totalmente falso que os transxénicos sexan iguais aos silvestres. Hai evidencias que indican que, por exemplo, a soia transxénica é nutricionalmente distinta, ademais das cales a maioría se rega con grandes cantidades de glifosato -un agrotóxico- que penetra nas células e é nocivo para a saúde. E estámolo a comer. Estamos a ser suxeitos dun experimento global sen controis e sen consentimento, o experimento dunha tecnoloxía incipiente e á vez obsoleta que, por razóns científicas, tería que ser suspendida ......
De que tipo de consecuencias fala?

Hai plantas que presentan moléculas distintas, non asociadas ao xene producido senón a outros xenes, os que se alteraron á súa vez por esta modificación. Pero, ademais, o millo ou a soia están a incorporar ás súas células o herbicida ao que son resistentes pola modificación xenética. O glifosato -está probado- é un teratóxeno (que produce malformacións no feto) e é posiblemente canceríxeno. As plantas resisten ese veleno e incorpórano, polo que pasa á cadea alimenticia..


Ler máis

Sem comentários:

Enviar um comentário