04/12/2014

Efecto Streisand

O efecto Streisand é un fenómeno de Internet no que unha tentativa de censura ou agocho de certa información fracasa ou é ata contraproducente para o censor, posto que esta acaba sendo amplamente divulgada, recibindo maior publicidade da que tería se non se houbese pretendido agochar. Normalmente, estes intentos de censura diríxense cara a fotos, ficheiros ou páxinas web, especialmente mediante cartas que ameazan con emprender accións legais por parte do censor. Lonxe de ser eliminada, a dita información recibe moita publicidade, e acaba sendo rapidamente distribuída a través de blogs, sitios de novas ou sistemas P2P. Este efecto ocorre, segundo o experto en Internet John Gilmore, porque a rede interpreta a censura coma un dano ou ataque cara a ela.
Este efecto está sendo producido pola imaxe que temos no artigo. Ver a imaxe no sitio censor Máis exemplos do Efecto Streisand. Artigo relacionado: Directores pelotudos e inspectores ociosos

Sem comentários:

Enviar um comentário